List Headline Image
Updated by Antonio Álvarez Arias on Dec 28, 2015
Headline for RECOMENDACIÓNS DE BIBLIOTURONIA PARA O NADAL 2015/2016.
 REPORT
23 items   1 followers   0 votes   21 views

RECOMENDACIÓNS DE BIBLIOTURONIA PARA O NADAL 2015/2016.

NO NADAL UN LIBRO. LER É UNHA ACTIVIDADE DE RISCO. ATRÉVETE !

1

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego foi escrito por Xosé Neira Vilas en 1960. Vendéronse máis de 700 mil exemplares en galego e foi traducido a case vinte idiomas. É o libro galego de referencia do século XX: o máis vendido, o máis traducido e, sobre todo, o máis lido.

2

As meigas de Lupa.

As meigas de Lupa.

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina (http://www.xerais.es/libro.php?id=3123181)

3

A boca da terra (Poesía)

A boca da terra (Poesía)

A d’A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio que pesa cousas e emocións, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairiñas arredor da lámpada, loitan contra a extinción, desvelan un misterio e crean outro, como corpos que se agochan en almas. (http://www.xerais.es/libro.php?id=1701021)

4

Bieito dubidoso

Bieito dubidoso

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3726088)

5

Morena, perigosa e románica

Morena, perigosa e románica

Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil... Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso? (http://www.xerais.es/libro.php?id=4164925)

6

Ovella descarreirada (poesía)

Ovella descarreirada (poesía)

Este libro contén trinta e tres poemas sobre unha ovella descarreirada, un polbo no garaxe, abellas bailando sen descanso a louca danza da ledicia ou fanecas bravas que ollan en fite a balea azul… Poemas insinuados na casca dun ovo, gravados nunha cabaza seca ou nos relevos dunha noz, enrodelados nunha cana de bambú, ganduxados na muda dun lagarto ou, en último caso, caligrafados en papel de arroz. Carecen de maiúsculas e puntos, non sendo outra cousa que coágulos de fala. (http://xerais.es/libro.php?id=3806217)

7

A vinganza do defunto

A vinganza do defunto

Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3887429)

8

Recinto gris

Recinto gris

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3600064)

9

Conduce rápido

Conduce rápido

Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de vez daquela merda de vida. A aparición dun paquete levará a que as vidas dos irmáns se crucen coas de Ventura, un mozo que fachendea de dedicarse a resolverlle problemas á xente, tanto os sinxelos coma os complicados, apenas un eufemismo para agochar que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos. Na liña de novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón, Todo OK, e Matarte lentamente, Ameixeiras profundiza en Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe. (http://www.xerais.es/libro.php?id=2942839)

10

A illa de todas as illas

A illa de todas as illas

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo». (http://www.xerais.es/libro.php?id=3593700)

11

Cabalos e lobos

Cabalos e lobos

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños. (http://www.xerais.es/libro.php?id=671171)

12

As palabras poden matar

As palabras poden matar

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3926342)

13

A neve interminable

A neve interminable

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3924049)

14

Penúltimas tendencias (poesía)

Penúltimas tendencias (poesía)

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3599084)

15

Makinaria (poesía)

Makinaria (poesía)

Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio. (http://www.xerais.es/libro.php?id=2195915)

16

Europa Express

Europa Express

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria. (http://www.xerais.es/libro.php?id=3927143)

17

O curioso incidente do can a medianoite

O curioso incidente do can a medianoite

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha inves ... (http://www.casadellibro.com/libro-o-curioso-incidente-do-can-a-media-noite/9788415920120/2226042)

18

A mansión dos Pampín

A mansión dos Pampín

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pediume en 2001 a creación dun libro de historieta que abordase os temas dos usos urbanísticos e a ocupación do territorio, para servir de material de traballo dentro do seu proxecto educativo PROXECTOTERRA. O resultado foi a historia da herdanza da familia Pampín... (Miguelanxo Prado)

19

O corazón de Xúpiter

O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre. (http://xerais.es/libro.php?id=3204761)

20

Escarlatina, a cociñeira defunta

Escarlatina, a cociñeira defunta

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a ... (http://www.casadellibro.com/libro-escarlatina-a-cocineira-defunta/9788499147390/2388616)

21

Voando sö

Voando sö

A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.

A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante. (http://www.sushibooks.es/tenda.php?op=ver&id=1393)

22

Os contos de terror do tío Montague

Os contos de terror do tío Montague

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Pero non hai tempo para respostas. Edgar ten que conseguir volver a través do bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra? Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos. (http://www.udllibros.com/libro-os_contos_de_terror_do_t%EDo_montague-W530030032)

23

Fontán

Fontán

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista. (http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010080641&orde=numero)