List Headline Image
Updated by Anxel Casal on Feb 26, 2015
 REPORT
Anxel Casal Anxel Casal
Owner
26 items   2 followers   0 votes   77 views

Maiores de cine

curtametraxes e películas nas que a temática fundamental xira arredor das persoas maiores
1

No estanque dourado

No estanque dourado
Ethel e Norman Thayer son un matrimonio maior que pasa as súas vacacións nun paradisíaco lugar: "O Estanque Dourado". Norman, un home moi activo, soporta moi mal as limitacións da vellez e a proximidade da morte. Inesperadamente, chega de visita Chelsea, a filla dos Thayer, que sempre mantivo unhas relacións moi tensas con seu pai.
3

O mundo de Marty

O mundo de Marty
Martin Sauvier ten dez anos, coñecido como Marty, foi ingresado nun hospital . Un día, abre a porta da habitación de Antoine Berrant, un paciente da pranta de xeriatría afectado polo Alzheimer, e comeza entre ambos unha amizade.
4

El hijo de la novia

El hijo de la novia
Rafael dedica 24 horas ao día ao seu restaurante, está divorciado, ve moi pouco a súa filla, non ten amigos e elude comprometerse coa súa moza. Ademais, dende fai moito tempo non visita a súa nai, internada nun xeriátrico porque sofre o mal de Alzheimer. Unha serie de acontecementos inesperados obríganlle a reconsiderar a súa vida. Entre eles, a intención que ten seu pai de cumprir o vello sono de súa nai: casarse pola Iglesia.
5

Lonxe de ela

Lonxe de ela
Fiona (Julie Christie) e Grant (Gordon Pinsent) son un vello matrimonio que, despois de superar xuntos momentos moi difíciles, disfrutan dunha vida cómoda e tranquila. Sen embargo, este benestar rómpese cando Fiona comeza a sufrir perdas de memoria; os seus habituais e perigosos descoidos fan que ela mesma insista en ingresar nunha residencia. A partir dese momento, o universo de Grant tamén se desestabiliza, levándoo a unha vida nova en todos os sentidos.
6

O diario de Noa

O diario de Noa
Nunha residencia de maiores, un home (James Garner) le a unha muller (Gena Rowlands) unha historia de amor escrita no seu vello caderno de notas. É a historia de Noah Calhoun (Ryan Gosling) e Allie Nelson (Rachel McAdams), dous adolescentes de Carolina do Norte que, a pesares de vivir en dous ambientes sociais moi diferentes, namoraronse profundamente e pasaron xuntos un verán inesquecible, antes de ser separados, primeiro por seus pais, e mais tarde pola guerra.
7

Cocoon

Cocoon
Un grupo de maiores que viven nunha residencia descobren a fonte da eterna xuventude. O único problema é que o lugar máxico pertence a un grupo de extraterrestres, e descoñecen se as súas intencións son amigables. Un espléndido reparto e acertadas doses de sentimentalismo fixeron deste drama fantástico un gran éxito.
8

E se vivimos todos xuntos?

E se vivimos todos xuntos?
Para non ir a parar a unha residencia de maiores, cinco vellos amigos deciden empezar a vivir xuntos; a eles únese un mozo estudante de etnoloxía cunha tese que se centra no estudo da poboación maior.
9

Arrugas

Arrugas
Emilio e Miguel, dous anciáns recluidos nun xeriátrico fanse amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia parar á pranta dos desafiuzados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o aburrido día a día da residencia, pois para eles acaba de comezar unha nova vida. Longametraxe de animación 2D para adultos, baseado no cómic homónimo de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008).
10

O exótico hotel Marigold

O exótico hotel Marigold
Un grupo de anciáns ingleses deciden disfrutar da súa xubilación en Bangalore, unha exótica población da India, pero as diferenzas culturais logo se porán de manifesto creándolles todo tipo de problemas.
11

Philomena

Philomena
Conta a historia real de Philomena Lee, unha muller irlandesa que, tras quedarse embarazada cando era unha adolescente e estaba nun internado de monxas, viuse obrigada a dar ao seu fillo Anthony en adopción. 50 años despois, decide contarllo a súa filla, que contacta cun antigo xornalista da BBC en horas baixas para que lle axude a contar a súa historia e atopar ao seu fillo.
12

Unha canción para Marion

Unha canción para Marion
Unha muller maior, enferma de cancro, atopa un remanso de paz nun grupo de señores xubilados que se reúnen para cantar. O seu marido, un home gruñón e controlador, ademais de considerar inadecuada a conduta da súa muller, ten unha pésima relación co seu fillo.
13

Elsa y Fred

Elsa y Fred
Elsa, que ten 82 anos, é unha muller chea de vitalidade e cunha imaxinación desbordante. Alfredo, algo mais xoven que ela, foi sempre un home convencional, serio e responsable. Ao quedar viuvo, desconcertado e angustiado pola ausencia da súa muller, a súa filla animao a mudarse a un apartamento mais pequeno. É enton cando coñece a Elsa, que é veciña súa. A partires dese momento, ela irrumpe na súa vida coma un remuiño disposta a mostrarlle que o tempo que lle queda é precioso e debe disfrutalo como lle apeteza.
14

Amanecer de un sueño

Amanecer de un sueño
Marcel foi abandonado de neno por súa nai, e criado xunto a seu avó Pascual. Cando cumpre vinte anos e fai plans de emanciparse, dase conta de que agora é quen ten que coidar de seu avó, que presenta síntomas da enfermidade de Alzheimer.
15

Amor

Amor
Georges e Anne, dous anciáns de oitenta anos, son profesores de música clásica xubilados que viven en París. A súa filla, que tamén se dedica á música, vive en Londres co seu marido. Cando, un día, Anne sofre un infarto que lle paraliza un costado, o amor que uníu á parella durante tantos años verase posto a prueba.
16

O señor Ibrahim e as flores do corán

O señor Ibrahim e as flores do corán
Nun barrio marxinal e multirracial de París, un adolescente xudeo e un vello musulmán fanse amigos. Momo (Pierre Boulanger) vive con seu pai, un home sumido na depresión. As súas únicas amigas son as prostitutas da rúa, que o tratan con moito cariño. Momo fai a compra na pequena e escura tenda do señor Ibrahim (Omar Sharif), un silencioso musulmán que o observa todo e sabe mais do que parece. Cando a Momo o abandona seu pai, Ibrahim convertese no seu protector. Xuntos emprenden unha viaxe que cambiará a súa vida para sempre.
17

Iris

Iris
Gran Bretaña. Durante os 40 anos que durou o apaisonado e inspirador matrimonio entre Iris Murdoch y John Bayley, o concepto de amor conxugal acadou o seu mais alto e completo significado. Xuntos pasaron a vida fundindo as súas personalidades, carreiras e aspiracións. O seu foi un dos grandes amores literarios do século, pero tamén foi a proba de que o amor pode superar os tragos mais amargos e inesperados da vida. A miúdo descrita como "a muller mais brillante de Inglaterra", a escritora Iris Murdoch foi unha figura fundamental e un icono para a súa xeración. Dende os seus días como alumna de Oxford, donde cautivou a todo o mundo co seu aberto talante, case libertino, pasando pola súa carreira como filósofa e novelista, Iris foi unha adelantada ao seu tempo.
18

Quartet

Quartet
Un grupo de vellos amigos que viven nunha residencia para cantantes de ópera retirados organizan cada ano, coincidindo co aniversario de Giuseppe Verdi, un concerto para recaudar fondos que lles permitan manter a casa na que viven. Os problemas xurden coa chegada dun novo residente que resucita unha antiga rivalidade entre dous divos.
19

El regalo

El regalo
Francisco, viuvo e recén xubilado, está pasando por un momento difícil. Para animalo, os seus dous amigos deciden facerlle un agasallo. Invítano a un paseo ás termas de Chillán e ademais invitan a Lucy, noiva de xuventude de Francisco, quen acepta acompañalos ilusionada. Pero as cousas non sempre resultan como as ideamos. Este paseo traeralles moitas sorpresas: coñecerán a Carmen, Nicolás e Martín e cambiarán os plans e as vidas de todos.
20

El abuelo

El abuelo
Asturias, principios do século XX. Don Rodrigo de Arista Potestad, Conde de Albrit, Señor de Jerusa e de Polán, cría saber que era o honor. Ata que voltou de América vello, case cego e arruinado. A súa chegada descobre un amargo segredo: unha das súas dúas netas -Nelly e Dolly- é ilexítima, non leva o nobre sangue da súa familia.
21

Cuestión de principios

Cuestión de principios
Castilla, modesto empregado portuario a punto de xubilarse, posúe un exemplar dunha vella revista que Silva, o seu novo e xoven empregado, quere comprarlle a toda costa para completar a súa preciada colección. Sen embargo, Castilla realiza a oferta co fin de darlle unha lección, demostrándolle que non todo na vida ten un prezo. As tentadoras ofertas do seu obsesivo xefe provocarán un conflito entre Castilla e a súa familia.
22

O bosque do luto

O bosque do luto
Shigeki vive nunha pequena residencia de anciáns. Alí síntese a gusto e feliz cos demais residentes e co persoal que os atende. Machiko, unha traballadora social que pertence a dito equipo, prestalle especial atención, aínda que no seu interior atormentaa a perda dun fillo. Para celebrar o aniversario de Shigeki, Machiko decide levalo a dar un paseo no coche polo campo. Pero o coche quedase parado na cuneta. O ancián internase con decisión no bosque, e Machiko non ten mais remedio que acompañalo...
23

Una historia verdadera

Una historia verdadera
Alvin Straight (Richard Farnsworth) es un achacoso anciano que vive en Iowa con una hija discapacitada (Sissy Spacek). Además de sufrir un enfisema y pérdida de visión, tiene graves problemas de cadera que casi le impiden permanecer de pie. Cuando recibe la noticia de que su hermano Lyle (Stanton), con el que está enemistado desde hace diez años, ha sufrido un infarto, a pesar de su precario estado de salud, decide ir a verlo a Wisconsin. Para ello tendrá que recorrer unos 500 kilometros, y lo hace en el único medio de transporte del que dispone: una máquina cortacésped. (
24

Mil anos de oración

Mil anos de oración
O señor Shi é un viuvo xubilado que vive en Pekín. Cando a súa única fija Yilan, que reside en Estados Unidos, divorciase, vai visitala á pequena cidade na que traballa como bibliotecaria. A súa intención é estar con ela ata que consiga refacer o seu matrimonio. Sen embargo, cando el insiste en coñecer as causas do divorcio, a súa filla empeza a evitalo.
25

Up

Up
Carl Fredricksen é un viuvo vendedor de globos de 78 anos que, finalmente, consegue levar a cabo o soño da súa vida: enganchar miles de globos a súa casa e sair voando rumbo a América do Sur. Pero xa estando eo aire e sen posibilidade de retornar Carl descobre que viaxa acompañado de Russell, un explorador que ten oito anos e un optimismo a proba de bomba.
26

Gloria

Gloria
Gloria ten 58 anos e está sola na vida. Para compensar o vacío, enche os seus días de actividades e polas noites busca o amor no mundo das festas para solteiros adultos, onde solo consegue perderse nunha serie de aventuras sen sentido. Esta fráxil felicidade na que vive alterase cando coñece a Rodolfo, un home de 65 anos, recientemente separado, que se obsesiona con ela.