A Xerontoloxía é unha ciencia médica que vai adquirindo cada vez mais importancia e unha das razóns é que, aproximadamente, un 15 % da poboación se atopa na terceira idade. Outra razón: a Xerontoloxía é a base da Xeriatría, como a Fisioloxía o é da Patoloxía. Se se coñece como e por que van aparecendo os cambios característicos da senescencia, pódese evitar que, a eses cambios normais, se asocien outros patolóxicos. Neste manual estudianse, por aparatos, tales cambios e tres temas de especial interés na terceira idade: o sono, a nutrición e os factores externos, como a xubilación.