List Headline Image
Updated by Antonio Álvarez Arias on Dec 18, 2014
Headline for Recomendacións lecturas Nadal.
 REPORT
15 items   1 followers   0 votes   51 views

Recomendacións lecturas Nadal.

No Nadal, un libro.

2

A noite que Wendy aprendeu a voar de Andreu Martín

A noite que Wendy aprendeu a voar de Andreu Martín

Asasinatos, roubos,...Wendy, a moza policía aprenderá a voar a través desta trepidante historia. Esta novela foi merecedora do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil 2007.

4

Conta Saldada de Suso de Toro.

Conta Saldada de Suso de Toro.

Nada é o que parece. Asasinato, suicidio ? Xermán e Catuxa descobren cousas que xamais imaxinarían.

5

A casa dos Lucarios de Teresa Moure

A casa dos Lucarios de Teresa Moure

Novela curta de Teresa Moure onde se narra a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións da súa vivenda.

6

Dragal I: A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad

Dragal I: A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad

Dragal: o último Dragón galego ? So Hadrián, coa axuda da súa compañeira de instituto Mónica e da biblioteca do seu bisavó, será quen de percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

7

Dragal II: A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad

Dragal II: A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad

A policía investiga un estrano roubo. Mónica acude á súa cita na poza da moura. Hadrián está desaparecido.

8

Dragal III: A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad

Dragal III: A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad

Regresan os membros da Fraternidade de Dragal. Os sete cabaleiros deberán reunir asclaves da Ciencia Secreta na cripta do dragón.

9

Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo de Jauréguizar.

Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo de Jauréguizar.

Os galeóns de Rande desapareceron. Entra en acción o reporteiro máis valente e espelido de Galicia.

10

A praia dos afogados de Domingo Villar

A praia dos afogados de Domingo Villar

Aparece un cadáver nunha praia de Panxón. O inspector Leo Caldas mergúllase na Galicia mariñeira para tratar de clarexar o crime.

11

Nun lugar chamado Guerra de Jordi Sierra i Fabra.

Nun lugar chamado Guerra de Jordi Sierra i Fabra.

A amizade e a guerra, dende o punto de vista de como a viven os rapaces e as rapazas, son os temas centrais desta novela.

12

¡ Asústate, Merche ! de Fina Casalderrey.

¡ Asústate, Merche ! de Fina Casalderrey.

O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser unha viaxe por Europa.

13

Silencio de Fran Alonso.

Silencio de Fran Alonso.

Novela de suspense onde un xornalista galego en Madrid vese envolto nos estranos ruídos do silencio que proceden da vivenda do lado.

14

Tes ata as 10 de Francisco Castro.

Tes ata as 10 de Francisco Castro.

Cartas, correos electrónicos, libros misteriosos, un pai morto. Hai que investigar un terrible asunto do pasado que quedou sin resolver.

15

Reo de Xesús Fraga.

Reo de Xesús Fraga.

Os graffitis, o hip hop, as bandas dos barrios. Unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e as mozas dos nosos días.

16

Ámote Leo A. de Rosa Aneiros.

Ámote Leo A. de Rosa Aneiros.

Unha gran viaxe de seis meses e unha enigmática pintada que a acompaña.

17

A causa do crime de Tokio.

A causa do crime de Tokio.

Banda deseñada de ficción con importante carga política, ambientada nos anos oitenta e coa música da Movida viguesa de pano de fondo.