“Sin tu permiso. Nosotras en la escena hardcore y punk estatal” é un documental autoxestionado que pretende realizar unha análise crítica ao mundo do punk e do hardcore nacional. Conta con varias experiencias de mulleres músicas, promotoras e organizadoras de eventos en Galicia, que narran en primeira persoa as experiencias de discriminación, así como de empoderamento que sofreron ao longo das súas vidas.