Listly by Rosa Domínguez
Nesta lista incluín algunhas ferramentas empregadas por mín no pasado para practicar e mellorar o meu inglés e que considero interesantes; tamén están outras que descobrín no curso de "Aprendizaxe autónomo de línguas".
Como parte dunha tarefa deste curso tivemos que avaliar diferentes páxinas web para aprender inglés. Todas estas foron avaliadas en base a os seguintes criterios: propósito, actualidade, utilidade, organización, autenticidade, interactividade e retroalimentación.
Algunhas das ferramentas listadas non teñen excesiva puntuación según os criterios elixidos por mín, porque fallan en algúns máis parecenme útiles para mellorar algún aspecto do inglés.
Nesta páxina podense atopar videos con test asociados para practicar o listening en inglés. Ten videos para todos os niveis, desde básico hasta avanzado. Non só e útil para aprendices senón tamén para profesores xa que permite a creación de test por parte de calquera persoa rexistrada na páxina web e tamén a ulilización dos tests existentes como material didáctico nas clases.
Gustoume moito; primeiro porque ten un montón de vídeos e os temas son moi diversos e agrupados por niveis e isto permite atopar sempre algo de interese para ver e escoitar e segundo porque adoito estudiar "listening" non só pasivamente oindo senón probandome fronte a un test de comprensión oral. E este tipo de tests as veces non son fáciles de atopar.
Na internet existen unha serie de blogs en donde profesores ou persoas nativas axudan a aprender inglés a aquelas persoas que estén interesadas. Este é un deles, a mín gústanme este tipo de páxinas porque adoitan estar bastante completos, teñen gran variedade exercicios e incluso cursos completos para mellorar o noso nivel de inglés
Aprende inglés en liña cos Mellores Videos do Mundo e Titores. Selecciona de entre máis de 10,000 videoleccións en inglés e logo estudia 1-a-1 con un titor en inglés. Obtén retroalimentación inmediata de túa pronunciación e segue o teu progreso de vocabulario.
Ademáis de ser unha páxina donde existen vídeos sobre diversos temas para ver e practicar a comprensión oral tamén permite practicar a pronunciación, xa que ten un apartado donde podes grabarte e recibir posterior feedback sobre a túa pronunciación
Esta é unha das primeiras páxinas coas que batín cando quixen practicar o "listening" que é un dos meus puntos débiles na aprendizaxe do inglés; máis esta páxina ten moitos máis recursos pasando por libros, audiolibros, exercicios de gramática e vocabulario e incluso cursos completos; todos eles clasificados en varios niveles. Incluso permite subscribirse a un cuaderno semanal donde se propoñen exercicios para mellorar. A única pega que ten é que os recursos son tantos que a navegación por ela complícase un pouco.
Levo xa varios anos entrando neste blog de vez en cando. Gústame porque ten moitos recursos para aprender inglés, incluso cursos completos por distintos niveis. Sin embargo o que me parece moi interesante é o propio blog donde a autora responde en algúns post a cuestións plantexadas polos lectores tentando solucionar as súas dúbidas ou aconsellalos na súa aprendizaxe, e noutros explica cousas puntuais de gramática ou vocabulario.
Este inglés é un youtuber que xa leva subidos un montón de vídeos ao seu canal coa intención de axudar a aprender inglés. En clave de humor, pódese aprender novo vocabulario e gramática inglesa. Os vídeos teñen subtítulos, para aquelas persoas que precisen activalos. Non cumple cos criterios de interactividade e retroalimentación pero creo que debe estar nesta lista porque si cumple os demáis e é unha forma fácil de mellorar o listening e incluso a pronunciación.
Idiomiun é outro blog, sin embargo para o meu gusto este non é tan completo coma outros nos criterios avaliados por mín, na miña opinión falla algo en retroalimentación.
Considero, sin embargo que debe estar aquí porque ten moitos exercicios de todo tipo, sobre todo enfocados aos exames de Cambridge.