List Headline Image
Updated by vphelena on Apr 06, 2016
 REPORT
vphelena vphelena
Owner
7 items   1 followers   0 votes   21 views

Aplicacións de móbil útiles para educación

Nesta lista amósanse diferentes aplicacións de móbil que utilizo na miña labor docente. Inclúe aplicacións, tanto co alumnado como para uso persoal.

1

Caderno do profesor

Caderno do profesor

O caderno do Profesor ten como obxectivo axilizar e optimizar as tarefas docentes habituais (cualificacións, asistencia, fichas de alumnos, diarios de clase...)
A aplicación está deseñada para substituír os "cadernos tradicionais do profesorado" en formato papel, que se empregan ata agora para xestionar os datos de cursos e alumnado.

2

Trello

Trello

Con Trello creamos taboleiros para organizar calquera tarefa na que estea traballando. Pode utilizarse de maneira individual ou compartir con compañeiros.
Podemos realizar listas de control para realizar un seguimento das tarefas ou comentarios para poñer ao día aos nosos compañeiros de traballo, incluír fotos e vídeos...

3

BIDI: lector de códigos QR

BIDI: lector de códigos QR

Escanea calquera código QR ou o código de barras de calquera produto para descubrir información adicional do produto e interactuar coa marca e outros usuarios.
Permite compartir información, contidos, vídeos, audíos..., co alumnado.

4

SoundCloud

SoundCloud

SoundCloud é unha aplicación que permite escoitar e compartir música ou audios, gravar sons e compartilos, crear listas de reprodución...

5

Thinglink

Thinglink

É unha aplicación que da vida as túas imxes polas anotacións que se poden poñer, vinculos interactivos, outras imaxes e incluso vídeos de YouTube na parte superior deles.

6

Aurasma

Aurasma

Aurasma é unha aplicación que permite crear e compartir as túas propias experiencias de realidade aumentada.
Podemos vincular unha imaxe etiquetada, un obxecto e incluso lugares físicos con contidos dixitais interactivos, tales como vídeo, animacións e 3D.

7

Kahoot

Kahoot

É unha plataforma de aprendizaxe baseada no xogo. Podemos utilizala na introdución dunha materia, a avaliación formativa e en debates.