Listly by Buli Coiro
Xa dende os primeiros anos empregamos a poesía coma medio de expresión para facilitar aos nenos o proceso comunicativo. O máis sorprendente é que se fixo dende sempre; seguramente, de forma inconsciente, por exemplo, cando se lle canta unha nana a un recén nado. Xa dende entón partimos do ritmo, algo innato en nós pero que debemos ensinar a aprecialo. A poesía aprovéitao para desenvolver as habilidades comunicativas a través da expresión verbal das súas rimas.
A poesía é o recurso educativo por excelencia en infantil, onde se fomentan multitude de valores estéticos necesarios para un desenvolvemento correcto e integral dos nenos. A medida que van crecendo hai que empregar igualmente a poesía, porque tamén hai que potenciar a memoria auditiva, visual, rítmica…